En España fanse máis dun millón de probas cada ano, pero non é suficiente. Estímase que entre 30.000 e 40.000 persoas están infectadas polo VIH e aínda non o saben, por iso, recoméndase facerse a proba a:
-Todas as mulleres embarazadas ou que pensen ter un/a fillo/a.
-Todas as persoas que padeceron algunha infección de transmisión
sexual, tuberculosis ou hepatitis.
-Se ten unha parella estable e quere deixar de usar o preservativo nas súas relacións sexuais.
-Todas as persoas que teñan calquera das seguintes prácticas de risco:
.Relacións sexuais con penetración (anal ou vaginal, e tamén oral se houbo eyaculación) sen preservativo cunha muller ou cun home con VIH,con diversas parellas ou simplemente cunha persoa de quen descoñecía se estaba infectada ou non.
-Se compartiu material para inllectarse drogas(xeringas,agullas,culleres,filtros...)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario