martes, 18 de noviembre de 2008

¿Que é o VIH?


O VIH (acrónimo de Virus de Inmunodeficiencia Humana) é o axente infeccioso determinante da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA). Segundo o Comité Internacional de Taxonomía de Virus (ICTV) o VIH inclúese no xénero Lentivirus, encadrado na subfamilia Orthoretrovirinae da familia Retroviridae. Pode ser detectado pola proba de VIH.

Foi descuberto e identificado como o axente da naciente epidemia de SIDA polo equipo de Luc Montagnier en Francia en 1983. O virión é esférico, dotado dunha envoltura e cunha cápside proteica.Caracterízase polo seu pequeno tamaño e por posuir unicamente ARN no seu material xenético,que debe copiarse provisionalmente a ADN para poder multiplicarse e integrarse no genoma da célula que infecta. Os antígenos proteicos da envoltura exterior axústanse de forma específica con proteínas da membrana das células infectables, especialmente dos linfocitos T4.

No hay comentarios: